top of page

GSM construción
Construímos o teu futuro, coidando o teu benestar

Liderando a construción biofílica, saudable e sostible en Galicia.
Expertos en materiais naturais para un fogar eficiente e libre de tóxicos.


construción saudable e sostible

"Liderazgo en sostibilidade e Trazabilidade da madeira en Galicia"

FORTRA (Trazabilidade da Madeira):​

"Primeira empresa galega de construción adherida ao

Plan de Trazabilidade da madeira da Xunta de Galicia (FORTRA)."

 

 

Alianza Galega polo Clima:​

"Primeira empresa de construción adherida á

Alianza Galega polo Clima da Xunta de Galicia."

Traballando activamente para reducir a pegada de carbono na construción.

Alianza galega polo clima
Sobre nós
Vivir mellor, construír con responsabilidade

Dende fai máis de 30 anos, apostamos pola construción saudable e sostible.

Entendemos a arquitectura como un acto de creación que impulsa a vida. Non construímos vivendas, construímos fogaresA túa saúde é a nosa razón.
Facemos unha construción biofílica, baseada na excelencia técnica.
 
A nosa experiencia en entramado de madeira e acabados naturais permítenos crear espazos transpirables e enerxeticamente eficientes. Aplicamos deseño bioclimático e sistemas de illamento de alto rendemento para acadar máxima eficiencia e reducir o consumo.
Ademais, mantemos un firme compromiso co apoio a provedores locais e coa valorización das técnicas construtivas tradicionais, contribuíndo ao fortalecemento da economía da comunidade.
Cremos que construír vai máis alá de levantar casas:
construímos fogares que inspiran vida e benestar en cada recuncho.
O noso compromiso Global:
ODS 11 (Cidades e Comunidades Sostibles)
ODS 11

En GSM construción, cada proxecto de construción é un paso firme cara a creación de fogares e comunidades máis saudables, resilientes e sostibles. O noso traballo aliña o deseño e a técnica co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 11, converténdoo no motor da nosa actividade.

 

Non se trata só de construír, senón de mellorar a calidade de vida a longo prazo para todas e todos.

Envolvente resiliente e eficiente:

  • Creamos estruturas e envolventes de alta resistencia, utilizando madeira certificada e cal para garantir a estabilidade fronte aos cambios climáticos.

  • Impacto no ODS 11: Achegamos resiliencia e seguridade ás infraestruturas, preparándoas para o futuro e reducindo a vulnerabilidade.

Redución da pegada de carbono e materiais locais:

  • A nosa prioridade é o uso de materiais de baixo ACV (barro, cortiza, ...) e a elección de subministradores da contorna. Somos activos na Alianza Galega polo Clima.

  • Impacto no ODS 11: Contribuímos a que as nosas comunidades sexan máis verdes ao reducir o impacto ambiental da construción e fomentar a economía circular local.

Saúde e benestar comunitario:

  • Deseñamos espazos libres de tóxicos coa aplicación de morteiros de barro e pinturas de barro ou de cal. Ademais, consideramos a inclusión e a diversidade no noso propio equipo.

  • Impacto no ODS 11: Garantimos a creación de espazos seguros e inclusivos onde as persoas poidan prosperar con mellor saúde e benestar, un obxectivo clave para unha comunidade sostible.

Entorno Natural: Materiais vivos e xestión ecolóxica

Na nosa filosofía, a construción vai da man da natureza. Máis alá de minimizar o impacto, buscamos que cada proxecto sexa unha extensión harmoniosa da paisaxe que o acolle.​
 
Materiais sanos e locais:
Empregamos exclusivamente
materiais naturais (madeira certificada e con garantía "Pino de Galicia", barro, cortiza, cal, illamentos de fibra de madeira, pedra natural, ...), que garanten a calidade do aire interior ao ser non tóxicos. Priorizamos a procedencia local para impulsar a economía circular e reducir a pegada de carbono.

Xestión sostible de recursos:
Integramos solucións avanzadas como a recollida de
auga da choiva, filtros biolóxicos ( augas grises/negras) e enerxías renovables, reducindo a dependencia e o impacto ambiental.

O resultado:
Fogares e espazos de traballo que respiran, eficientes e que demostran que a arquitectura pode ser rexenerativa e respectuosa coa beleza do noso entorno.

Deseño personalizado: A túa casa, a túa natureza.

Na construción biofílica, o deseño non é un molde, é un diálogo. Adaptamos a nosa filosofía sostible ás túas necesidades e á contorna.
 
Proxectos únicos para persoas únicas
 
  • Escoita activa e necesidades: Comezamos coas túas ideas, estilo de vida e obxectivos. Entendemos como queres vivir e traballar para que o espazo reflicta a túa identidade.
  • Adaptación á contorna: Cada deseño intégrase de forma única na paisaxe. Non só construímos na natureza, senón coa natureza, aproveitando a topografía e a orientación para optimizar a luz e a eficiencia enerxética.
  • Biofília a medida: Integramos elementos naturais (luz, vexetación, auga, materiais orgánicos) de forma personalizada, buscando as conexións que melloren o teu benestar e o confort interior.
  • Participación no proceso: A túa implicación é esencial. Traballamos man a man contigo, axustando cada detalle para garantir que o resultado final non só sexa sostible, senón tamén totalmente teu.
Creamos espazos que non só son fermosos e eficientes, senón que te fan sentir mellor e reflicten a túa visión dunha vida en harmonía co medio.

Innovación sostible: Vangarda técnica e certificacións

  • Investigación en construción natural:  Estamos en constante busca de novos materiais e sistemas construtivos que melloren as prestacións (illamento térmico, acústico, transpirabilidade) e minimicen a enerxía incorporada na edificación.

  • Tecnoloxía e xestión intelixente: Integramos sistemas intelixentes para monitorizar o consumo enerxético e a calidade do aire interior, garantindo un rendemento óptimo e un aforro real para o usuario.

  • Certificacións de excelencia: Traballamos para acadar estándares recoñecidos (como LEED ou BREEAM, Pasiva, segundo o proxecto) e empregamos ferramentas de Análise de Ciclo de Vida (ACV) para avaliar o impacto ambiental completo.

Integrámos materiais como o barro, que polo seu baixo ACV e natureza, son ideais para obter calquera certificación verde de edificación sostible, garantindo a súa validez global.

A nosa innovación non é un luxo, senón unha necesidade.

Unha garantía de que o teu proxecto será duradeiro, eficiente, saudable e estará preparado para o futuro.

Crea un fogar que che inspire paz

Non agardes máis para vivir mellor

Construímos benestar, construímos para ti

Contacta connosco e fálanos hoxe do teu proxecto

NOVO Logo Galega Servizos Mendo 01.jpg
Alianza galega polo clima
Garantía Pino de Galicia
ODS 11
  • Facebook
  • Instagram

658 57 27 18
info@gsmconstrucion.gal
info@gsmconstrucion.com
Galega de servizos Mendo, s.l.u.
Avenida de Castela, 112
15300 Betanzos, A Coruña, Galicia

¡Construíndo fogares saudables e sostibles!

 

© 2025 por Galega de servizos Mendo, s.l.u.. Desenvolvido e protexido por Wix.

bottom of page