658 57 27 18


O noso compromiso ESG:
Construír para a vida
En Galega de servizos Mendo, s.l.u. (GSM construción), non só construímos edificios, creamos ecosistemas saudables.
A nosa estratexia ESG reflicte o compromiso con Galicia, coa saúde das persoas e co futuro do planeta.

Ambiental (E): Respecto polo ciclo natural
A nosa actividade céntrase en reducir ao mínimo o impacto ambiental mediante a construción natural.
Materiais biofílicos: Priorizamos o uso de madeira, cortiza, barro (arxila) e cal. Son materiais naturais, biodegradables e con baixa pegada de carbono.
Eficiencia térmica: Utilizamos illamentos de fibra de madeira e placas de fibroxeso natural para garantir o aforro enerxético sen químicos nocivos.
Acabados saudables: Aplicamos aceites naturais, cera de abella e pinturas de cal ou barro que permiten que as vivendas "respiren".
Xestión de residuos: Minimizamos os refugallos de obra ao traballar con materiais orgánicos e reciclables.

Social (S): Benestar e comunidade
Coidamos de quen constrúe e de quen habita
Saúde no fogar: Deseñamos espazos libres de compostos orgánicos volátiles (COVs), mellorando a calidade do aire interior e o confort térmico e acústico.
Economía local: Apostamos por provedores próximos e materiais da nosa terra, impulsando o tecido industrial galego.
Seguridade laboral: Formamos ao noso equipo en técnicas de construción tradicional e moderna, garantindo un contorno de traballo seguro e digno.

Gobernanza (G): Ética e transparencia
Xestión da empresa con responsabilidade e visión de futuro.
Transparencia: Informamos con claridade sobre a orixe e composición de cada material que utilizamos.
Ética profesional: Cumprimos estrictamente coas normativas ambientais e laborais, buscando sempre a excelencia técnica.
Mellora continua: Invertimos en aprender novas solucións biofílicas para liderar o cambio cara a unha construción máis humana en Galicia.
"Construímos hoxe sen hipotecar o mañá"

Por qué a túa saúde é a nosa razón
En GSM construción, a sostibilidade non é unha etiqueta, é o principio que define a nosa construción.
A nosa filosofía é simple o noso sistema Fogar Natur debe coidar a saúde de quen o habita. Para iso, a construción vai máis alá da eficiencia enerxética, centrándose na calidade de vida.
Isto significa un compromiso total coa ausencia de tóxicos (ftalatos, COVs), a xestión intelixente dos recursos (auga, ...) e a elección rigorosa de materiais naturais que non comprometen o teu benestar.
A saúde da túa familia é a nosa prioridade.
Xestión hídrica: O ciclo pechado da auga (A colleita invisible)
O sistema Fogar Natur é eficiente no uso da auga, un recurso cada vez máis escaso.
Implementamos a recuperación de augas grises e pluviais con filtros naturais (Fitodepuración) para pechar o ciclo hídrico da túa vivenda.
Tratamos a auga residual de duchas e colectamos a auga de choiva mediante filtros biolóxicos pasivos (grava, plantas), utilizándoa de novo para inodoros, lavadoras e rego.
Este sistema garante a calidade do aire interior e permite reducir a demanda de auga potable entre un 50% e un 70%, aumentando a resiliencia do teu fogar fronte á seca.

Fogar Natur fronte a Passivhaus
Eficiencia con alma natural
O estándar Passivhaus (casa pasiva) é a referencia ineludible en eficiencia enerxética e rigor técnico a nivel mundial.
En GSM construción, adoptamos o seu compromiso co aforro de kWh (illamento, estanqueidade, VMC) como a nosa base.
Porén, o noso sistema Fogar Natur dálle unha alma a ese rigor. Non abonda con que a casa consuma pouco, debe ser saudable.
Comparamos os dous modelos e explicamos por que o sistema Fogar Natur é o único que integra a eficiencia enerxética coa saúde biofílica e a calidade dos materiais naturais (cánabo, cal, barro, madeira) no teu fogar.

Casa dos Carballos:
Construción circular. Sumidoiro de CO2
A Casa dos Carballos non é só un proxecto arquitectónico, é un exemplo palpable de como debe ser a construción do futuro.
Deseñada baixo estritos criterios de economía circular, minimiza o residuo e maximiza o valor dos recursos.
O seu valor ambiental máis importante reside en que, grazas ao uso masivo de materiais naturais e bioxénicos (madeira, fibra, cánabo), a casa funciona como un sumidoiro de carbono, capturando e almacenando toneladas de CO2 durante a súa vida útil.
Unha vivenda que non só consume enerxía de xeito eficiente, senón que traballa activamente por un clima máis saudable.


