top of page

A cara oculta da estrutura metálica: Por que a túa saúde merece algo mellor que unha "caixa" de aceiro.


Hoxe en día, a rapidez de montaxe e o deseño minimalista venden. Diferentes construtoras basean o seu modelo en estruturas de aceiro, illamentos minerais e placas de xeso laminado (PYL).


Pero, ¿alguén che explicou o custo que isto ten para a túa saúde bioeléctrica?


En GSM construción, non fabricamos obxectos de consumo, creamos "terceiras peles". Aquí explicamos por que o modelo baseado no aceiro é, dende a bioloxía do hábitat, un erro que afecta directamente ao teu sistema nervioso.

Que é a saúde bioeléctrica e por que importa?

O noso corpo é un sistema eléctrico. As neuronas, o corazón e as células funcionan mediante impulsos bioeléctricos. Unha vivenda saudable debe ser un filtro que nos protexa, non unha interferencia.

Mentres as construcións baseadas no aceiro priorizan o beneficio económico e a loxística, a nosa construción prioriza o equilibrio dos campos electromagnéticos naturais.

O perigo das "casas-antena" e a realidade do aceiro

As vivendas de estrutura metálica que proliferan no mercado presentan tres problemas críticos que moitas veces se ocultan ao comprador:

  1. A xaula de Faraday e a reflexión de ondas: O metal bloquea os campos naturais necesarios para a vida, pero reflicte as ondas artificiais (Wi-Fi, 5G). No interior dunha destas casas, a radiación "rebota" nas paredes, aumentando a túa exposición constante.

  2. Distorsión magnética: O aceiro é ferromagnético. Toneladas de metal arredor de ti alteran o campo magnético terrestre. Nesto a ciencia é clara, para que a túa glándula pineal segregue melatonina e poidas descansar, necesitas un campo magnético estable. Dormir nunha estrutura metálica é durmir nunha anomalía magnética.

  3. Acoplamento capacitivo: As paredes metálicas poden actuar como un condensador, inducindo tensión eléctrica no teu propio corpo e provocando estrés oxidativo e fatiga crónica.

A nosa diferenza: O valor do orgánico e o dieléctrico

Fronte ao aceiro e á lá mineral (un "pulmón artificial" que non transpira e xera electricidade estática), nós apostamos por materiais que traballan a favor da túa bioloxía:

  • Estruturas de madeira: A diferenza do aceiro, a madeira é dieléctrica e magnéticamente neutra. Non altera os teus ritmos naturais.

  • Barro e cal: Estes materiais non só regulan a humidade, senón que manteñen unha ionización óptima do aire, descargando a electricidade estática que o metal e o plástico acumulan.

  • Illamentos de fibra de madeira e cortiza: Ofrecen inercia térmica real sen soltar microfibras nin químicos volátiles (COVs) presentes nos illantes industriais.


Comparativa: Onde queres vivir?

Característica

Estrutura metálica / PYL / Lá mineral (Modelos industriais)

Construción natural / Biofílica (GSM construción/Fogar Natur)

Saúde Bioeléctrica

Mala. Efecto "xaula" que reflicte ondas e distorsiona o magnetismo natural.

Óptima. Materiais neutros que respectan o campo magnético terrestre.

Electricidade Estática

Alta. Os materiais sintéticos e o aceiro favorecen a acumulación de carga.

Nula. O barro e a madeira descargan a electricidade estática de forma natural.

Xestión da Humidade

Nula. Materiais estancos que dependen de ventilación mecánica forzada.

Excelente. Materiais higroscópicos (cal, barro) que regulan a humidade ambiental.

Calidade do Aire

Pobre. Presenza de adhesivos, químicos no PYL e microfibras de lá mineral.

Pura. Pinturas de cal, barro e aceites naturais sen COVs (químicos volátiles).

Carga de CO2

Elevada. Alta pegada de carbono na fabricación de aceiro e illantes minerais.

Negativa/Mínima. A madeira e as fibras vexetais secuestran carbono.

Sensación Térmica

Artificial.  Arrefriamento/quecemento rápido sen inercia térmica real.

Natural.  Confort estable grazas á densidade da fibra de madeira e o barro.


Conclusión: Vida fronte a hostilidade

A construción en aceiro de catálogo ofrece rapidez, pero condénate a vivir nunha contorna magneticamente hostil. En GSM construción, o noso compromiso é coa vida.


Utilizamos placas de fibro-yeso natural, pinturas de barro e ou de cal, aceites e ceras de abella para que a túa casa sexa un refuxio de saúde, un espazo onde a túa enerxía se recargue, en lugar de esgotarse.


Porque unha casa non é só un lugar onde estar, é o lugar onde o teu corpo debe recuperarse.

 
 
 
bottom of page