top of page

Estrutura de madeira certificada con garantía
"Pino de Galicia"

Da parcela ao deseño intelixente

Construír unha vivenda unifamiliar dende cero que non só sexa estética, senón que acade os máis altos estándares de eficiencia enerxética (enerxía case nula), garantindo a integración visual da estrutura de madeira e o máximo benestar.

 

O proceso comeza cun estudo radiestesico para asegurar a mellor ubicación da vivenda e das zonas de descanso.

A demanda de eficiencia e velocidade

O cliente demanda unha vivenda que sexa sinónimo de eficiencia enerxética pasiva, pero cunha necesidade crítica de reducir os prazos de obra.

 

A construción tradicional non pode igualar a precisión e velocidade necesarias. Isto require un sistema que se poida fabricar con precisión milimétrica en taller e montar rapidamente no sitio.

A industrialización da calidade

A solución do noso sistema de construción industrializada en entramado lixeiro de madeira, deseñado coa máxima precisión en taller:

  • Estrutura certificada: Todos os paneis de estrutura son fabricados con madeira certificada de piñeiro galego con garantía "Pino de Galicia", utilizando táboas con capacidade estrutural C24. Isto asegura a máxima resistencia e durabilidade no tempo.

  • Illamento: No interior do entramado (tanto en muros como en tabiques), instalamos illamento de fibra de madeira Steico Flex 036 de 140 ou 160 mm en pechamentos, e de 80 mm de espesor en tabiques. Para garantir a estanquidade, pero permitindo que o muro respire, usamos barreiras de vapor de difusión variable (Clima Control 105 de Rothoblaas) e cintas de estanquidade. Asi mesmo a cámara de instalacións vai provista de illamento Steico Flex 036 de 50 mm.

  • Acabados interiores: Os tabiques son pechados con paneis de fibroxeso Fermacell de 12,5 mm de espesor, ou ben con placas de barro de 20 mm.

  • Forxados: Mesmo no forxado de chan e cuberta, garantimos o confort mediante unha solución que inclúe illamento de fibra de madeira Steico Flex 036 de 200 mm.

Esta precisión milimétrica da prefabricación e a integración de materiais de alta gama, reduce os prazos de obra e minimiza o impacto ambiental no lugar.

 

O Fogar biofílico de alta eficiencia

A construción industrializada en madeira non só é rápida, senón que crea fogares máis saudables.

 

A estrutura visible de madeira achega unha estética cálida e biofílica, e a eficiencia do sistema, co illamento de fibra de madeira, garante un confort térmico constante e un aforro enerxético máximo para o residente.

 

A trazabilidade e a certificación da madeira aseguran un investimento sostible a longo prazo.

Fachada de corcho aglomerado
Vivienda Asturias
Vivienda Portugal
Vivienda Cantabria

Proxecto Singular: Casa dos Carballos

A visión do local

 

O Reto:

Construír unha vivenda que non só fose eficiente, senón que servise como modelo de economía circular e redución de impacto.

 

O obxectivo era minimizar o transporte e xerar un balance de carbono negativo dende a propia estrutura.

 

Para iso, a solución pasou por empregar especies de madeira autóctonas e obter a materia prima no entorno máis inmediato da obra.

Castiñeiro (Castaño)
Eucalipto

Construción con madeira, CO2 negativo

GSM construción e o km 0: Esta construción diferenciouse polo uso de especies locais na súa estrutura principal:

  • Estrutura de piares e trabes: A base son piares de eucalipto galego e trabes de castiñeiro galego.

  • Proximidade: Toda a madeira para esta estrutura foi extraída de montes situados a só 5,00 quilómetros da obra, garantindo o km 0 e minimizando radicalmente a pegada do transporte, e traballada no lugar.

Impacto:

Só este proceso de fornecemento e construción da estrutura supuxo un aforro inicial de cerca de 8.000,00 kg de CO2 (equivalente ao consumo de 84 coches cada 500 quilómetros).

Complemento:

O resto da estrutura rematouse co noso estándar de calidade: madeira de piñeiro galego con garantía "Pino de Galicia", taboleiros de fibras de madeira de Finsa, tratamento antixilófagos de orixe orgánica e acabado con aceite de liñaza.

Tódolos parafusos empregados nas nosas construcións son libres de cromo 6.

Trazabilidad FORTRA
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)

Envolvente con palla e barro da propia obra (quilómetro cero)

A execución desta envolvente é un manifesto de como a construción pode ser sostible e circular no máis estrito sentido da palabra.

Aplicamos diferentes sistemas de materiais naturais, para optimizar cada fachada e tabique.

Muro Norte: A envolvente de palla e barro

 

​Na fachada máis exposta ao vento norte e á perda de calor, utilizouse unha solución de máximo illamento:

  • Palla de Km 0: Instalouse illamento con pacas de palla de 45 cm de espesor, procedentes dunha parcela, a só 2 quilómetros da construción. Isto garante un illamento natural cunha pegada de carbono mínima.

  • Acabado interior (barro da escavación): A palla foi acabada polo interior con morteiros de barro base, cuxa materia prima (arxila e terra) foi obtida directamente da escavación dos cimentos da propia casa, tras unha análise para garantir a composición idónea.

  • Acabado Exterior (cal): Polo exterior, a palla rematouse con morteiro de cal (na fachada norte). A cal garante a protección fronte á intemperie e asegura a transpirabilidade total do muro.

Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)

Resto dos muros exteriores: Barro encofrado e vibrado

 

Nas demais fachadas, onde a inercia térmica era prioritaria, executouse o seguinte sistema, reforzando a integración da terra local:

  • Barro encofrado: Empregouse a técnica de muros de barro encofrado e vibrado, dun espesor de 35 cm O material tamén procedía da escavación da obra, garantindo a solución de quilómetro cero.

  • Proceso técnico: Este sistema require unha análise rigorosa da composición da terra para asegurar a súa estabilidade estrutural.

  • Acabados: Polo interior aplicouse un morteiro de barro de acabado para a garantir a regulación higrométrica, e polo exterior rematouse cun morteiro de cal para garantir a protección e durabilidade fronte á auga.

Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)
Vivienda Callobre (Miño)

Tabiques de distribución: Palla encofrada

 

Nos tabiques que dividen os espazos interiores, utilizouse unha solución lixeira e transpirable:

  • Palla encofrada lixeira: Empregouse a técnica de palla encofrada cun espesor de só 10 cm. Esta solución achega un illamento acústico superior ao tradicional e é totalmente transpirable.

  • Acabados: Rematouse cun morteiro de barro base e de acabado para garantir a estética cálida e a regulación da humidade interior.

Un sumidoiro de carbono para vivir

A Casa dos Carballos non é só un fogar.

 

É un proxecto de referencia na construción circular, e o compromiso total co ODS 12 (Producción e consumo responsables), demostrando a calidade das madeiras autóctonas e a viabilidade do km 0.

 

O balance final da construción é o máis impresionante:

O proceso de construción arroxa unha pegada negativa de carbono de -76.538,71 Kg de CO2.

Isto significa que a vivenda retirou da atmosfera máis CO2 do que produciu a súa construción (equivalente ao CO2 producido por 805 coches cada 500 quilómetros).

 

Unha demostración real do noso compromiso co ODS 13 (Acción polo Clima).

NOVO Logo Galega Servizos Mendo 01.jpg
Alianza galega polo clima
Garantía Pino de Galicia
ODS 11
  • Facebook
  • Instagram

658 57 27 18
info@gsmconstrucion.gal
info@gsmconstrucion.com
Galega de servizos Mendo, s.l.u.
Avenida de Castela, 112
15300 Betanzos, A Coruña, Galicia

¡Construíndo fogares saudables e sostibles!

 

© 2025 por Galega de servizos Mendo, s.l.u.. Desenvolvido e protexido por Wix.

bottom of page