658 57 27 18

GSM construción naceu fai máis de 30 anos, coa convicción de que é posible construír dun xeito máis responsable e beneficioso para as persoas.
Guiámonos cara a métodos que priorizan a saúde e a sostibilidade, comprometidos a ofrecer solucións innovadoras que respeten
o medio ambiente e melloren a calidade de vida das comunidades.
A confianza é a nosa maior motivación para seguir avanzando.
A nosa filosofía é clara:
Un fogar debe ser un refuxio confortable, saudable e seguro,
respectuoso co medio ambiente e coa máxima eficiencia onde unha persoa se senta en paz e harmonía.
Apostamos dende aquela, por ser a alternativa consciente á construción convencional, comprometéndonos co benestar dos nosos clientes e do planeta.
Únete a nós para transformar a túa visión de vivir nun espazo que inspire benestar e coidado.
GSM non constrúe vivendas, crea fogares

A nosa forma de construír transcende o estándar e ofréceche vantaxes esenciais para a túa vida diaria e a túa economía.
Un Fogar que respira
Os nosos materiais son intrinsecamente transpirables, o que permite a regulación natural da humidade e evita a condensación e a aparición de mofos.
Isto tradúcese nun ambiente interior máis seco e limpo, cunha redución de alerxias e unha maior calidade do soño e benestar xeral.
Durabilidade e aforro garantido
Apostamos por un investimento intelixente e de longo prazo.
Grazas á calidade dos materiais naturais e ao deseño eficiente, os teus custos de mantemento redúcense ao mínimo. Ademais, a máxima eficiencia enerxética reduce o consumo de forma significativa, protexendo a túa economía a longo prazo.
Transparencia total
A confianza é a base da nosa relación.
Traballamos con orzamentos claros e detallados, indicando sempre a orixe dos materiais e garantindo que o proceso de construción se axuste de forma precisa ao plan e ás túas expectativas.


A nosa metodoloxía: Os Catro Piares de GSM construción
O noso compromiso co benestar e a sostibilidade non é só unha intención, é unha metodoloxía de traballo rigorosa que se apoia nos seguintes principios para asegurar a excelencia en cada proxecto.
Deseño Sostible. Materiais naturais non tóxicos


Estamos especializados no deseño de fogares que combinan estética e funcionalidade cun enfoque sostible e único.
A saúde dos ocupantes e do planeta comeza coa elección de materiais.
Optamos por materiais como a madeira certificada e illamentos de orixe natural (fibra de madeira, cortiza, ceulosa), que son opcións sostibles que respetan o medio ambiente. Ademais, empregamos acabados sen produtos químicos e transpirables (barro, cal) que promoven unha calidade do aire interior óptima e un ambiente máis san.
Investir nos materiais correctos é un paso fundamental cara a un futuro máis sostible e un espazo que reflicta a túa conciencia ambiental.
"O progreso, está no regreso"
A nosa metodoloxía aliña cada proxecto coa máxima sostibilidade e responsabilidade ambiental, demostrando que a construción natural é unha ferramenta directa e eficaz para un futuro máis saudable e eficiente.
O noso rigor na selección de materiais (barro, madeira certificada, cortiza, ...) garante o ODS 12 (Produción e Consumo Responsables). Usamos materiais de baixo ACV, reciclables e de orixe local.
Esta elección, tradúcese no ODS 3 (Saúde e Benestar), ao eliminar tóxicos e crear ambientes que melloran a saúde das persoas.


Eficiencia enerxética



Na nosa construción, a eficiencia é sinónimo de intelixencia e compromiso económico.
Aplicamos rigorosos criterios de deseño bioclimático desde o inicio, aproveitando a orientación do sol e as condicións xeográficas para reducir a necesidade de calefacción ou aire acondicionado.
Empregamos sistemas de illamento de alto rendemento (baseados en materiais naturais) e controlamos as pontes térmicas para garantir unha envolvente perfecta.
Isto permítenos acadar a máxima eficiencia enerxética, reducindo drasticamente o consumo e os custos a medio longo prazo, e asegurando un confort térmico estable no teu fogar.
Mediante o deseño bioclimático e o uso de illantes de alto rendemento, conseguimos reducir drasticamente a demanda enerxética das vivendas.
Cumprimos o ODS 7 (Enerxía Limpa e Non Contaminante) ao minimizar o consumo e o ODS 13 (Acción polo Clima) ao reducir a pegada de carbono da construción e a ODS 17 (Alianzas para Lograr os Obxetivos) sendo membros da Alianza Galega polo Clima.
Calidade e Durabilidade:
Un investimento a longo prazo

Construír con responsabilidade é asegurar que a túa vivenda perdure no tempo, mantendo o seu valor e o seu rendemento.
A nosa dilatada experiencia de máis de 30 anos no sector, combinada coa aplicación de técnicas construtivas tradicionais de eficacia probada e a innovación sostible, garante a robustez das nosas estruturas.
Priorizamos a selección de materiais naturais de alta resistencia e o uso de sistemas construtivos avanzados (como o entramado de madeira) que aseguran a estabilidade e a integridade do edificio fronte ás inclemencias do tempo.
Isto tradúcese en edificacións duradeiras, cunha necesidade de mantemento mínima e unha vida útil superior á da construción convencional.
A calidade dos nosos proxectos é o mellor aval para garantir un investimento seguro e sen preocupacións futuras.
Apostamos por un investimento intelixente e de longa vida útil. A nosa investigación en sistemas construtivos e o uso de materiais de alta resistencia (como os morteiros de barro premiados) contribúen directamente ao ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura), promovendo unha industria da construción máis innovadora, resiliente e sostible no tempo.


Benestar e conexión co entorno: O fogar como refuxio saudable




Un fogar, para ser un auténtico refuxio, debe mellorar activamente a saúde e a calidade de vida dos seus moradores, integrándose respectuosamente na paisaxe.
Aplicamos os principios da arquitectura biofílica, deseñando espazos que fomentan a conexión innata das persoas coa natureza.
Isto tradúcese na optimización da luz natural e na creación de visuais directas coa paisaxe galega, e na selección de texturas e cores que xeran calma e harmonía interior.
Garantimos a calidade do aire interior co uso de materiais transpirables e non tóxicos, eliminando factores de risco para a saúde.
Ademais, este compromiso comeza no chan, realizamos estudos radiestésicos da parcela para identificar e evitar puntos que poidan alterar o benestar e o descanso.
O resultado é un espazo que reduce o estrés, mellora o descanso e fomenta o benestar físico e psicolóxico, creando un entorno vital que inspira paz e tranquilidade.
Este piar abarca o noso compromiso social:
ODS 5 (Igualdade de Xénero) e ODS 10 (Redución das Desigualdades):
Promovemos un equipo diverso, con presenza de mulleres e profesionais de diversas orixes, apostando pola inclusión e a igualdade de oportunidades no sector.
ODS 4 (Educación de Calidade): Compartimos o noso coñecemento mediante formacións e colaboracións con diferentes centros, contribuíndo á capacitación especializada en sustentabilidade.
