top of page

Os nosos materiais: A Base da construción saudable e eficiente

Na construción biofílica, o material non é só estrutura, é saúde, eficiencia e istoria.

Traballamos con materiais que garanten o máximo benestar interior e o menor impacto ambiental.

O Barro: O material ancestral na vangarda da saúde

O barro é a demostración de que os materiais máis ancestrais son tamén os máis avanzados para unha vida saudable. Atópase en xacementos xurdidos da sedimentación de partículas, principalmente do granito, e dende fai miles de anos forma parte de cidades e edificacións icónicas como a Alhambra de Granada, o Castelo de Gien, e a histórica Djenné en Malí (a coñecida como a xoia de barro).

Na actualidade, recuperamos o seu uso polas súas incribles propiedades e beneficios para a nosa saúde. Dende as antigas técnicas de curación ata o seu uso en cosmética moderna, o barro toma un papel protagonista na arquitectura biofílica e na construción natural, grazas ao confort e o benestar que proporciona.

Cos produtos de barro, ademais de conseguir un importante aforro enerxético e un indubidable confort, coidamos de ti e da túa saúde en cada recuncho.

 

Deixa que as túas paredes respiren, que sexan a túa terceira pel.

Calidade validada e premios internacionais

 

O noso traballo co barro non é só teoría, é unha práctica avalada pola excelencia. A aplicación dos nosos morteiros de barro en proxectos de alto nivel como o Hotel Torre del Marqués (5 Estrelas) en Monroyo, Teruel, foi amplamente recoñecida.

  • Premio de Economía Circular a nivel internacional nos Green Solutions Awards 2022-2023.

  • Premio Construmat 2025 do público.

Isto confirma que a construción natural e os acabados de barro son a mellor elección para a saúde, a sustentabilidade e a máxima calidade estética.

Propiedades

Regulación natural da húmidade e Salubridade

Estabiliza a humidade entre o 40 % e o 65 %. O barro absorbe o vapor de auga excesivo e libérao cando o aire vólvese seco, purificando o ambiente interior.

Termorregulación e aforro enerxético

A súa gran inercia térmica (capacidade de conservar e ceder calor) mantén estable a temperatura, o que pode xerar ata un 35 % de aforro en refrixeración e calefacción.

Fonoabsorbente e illamento acústico

Pola súa estrutura molecular, é un dos mellores materiais para o illamento acústico. Reduce a reverberación (clave en espazos de traballo ou lecer) e absorbe as baixas frecuencias que provocan irritación e diminución da produtividade.

Absorción e protección

Posee unha gran capacidade para absorber po, gases e cheiros. Ademais, estudos indican que muros construídos con adobes ou morteiros de barro reducen a radiación electromagnética ata nun 98 % nalgúns casos.

Versatilidade

Polas súas innumerables calidades técnicas e decorativas, pode ser empregado en calquera ambiente: dende unha casa de campo ou aldea, un loft moderno, ata un edificio público ou un palacete.

ACV Baixo e sostibilidade

Os produtos teñen un ACV (Análise do Ciclo de Vida) baixo, xa que non precisan cocción nin aditivos sintéticos. Isto permítenos reciclar o barro como árido de novo.

Compoñentes e tipoloxía: A ciencia detrás da construción natural

O noso compromiso coa construción natural comeza coa elección rigorosa da materia prima. Os morteiros de barro que empregamos non son un simple revestimento, son un sistema de saúde e sustentabilidade cuxa eficacia está baseada na pureza e na composición natural dos seus elementos.

A receita do barro: Pureza e rendemento

Os nosos morteiros son un material 100 % natural, idóneos para lograr ambientes saudables e cun gran potencial decorativo. Están compostos por unha mestura de barros naturais sen aditivos e áridos seleccionados de diferentes granulometrías. Esta é a ciencia que garante as súas propiedades:

  • Arxila: Actúa como o ligante esencial, proporcionando plasticidade e adherencia.

  • Area e limo: Compón a estrutura, mellorando a resistencia á compresión e reducindo a formación de gretas.

  • Fibras vexetais: Aportan resistencia á tracción e aumentan as propiedades illantes do sistema.

Máis que un material: Un impacto positivo

 

A elección do barro reflicte o noso compromiso coa economía circular. Xa que non precisa cocción e é reciclable ilimitadamente, o seu uso transforma a pegada ecolóxica do teu proxecto:

 

  • Aforro enerxético máximo: Estímase que a enerxía empregada para a súa elaboración, portes e preparación é só o 1% da enerxía do formigón armado ou dos ladrillos convencionais.

  • Sostible e local: É un material local, fácil de obter e asequible economicamente, o que simplifica a loxística e reduce os custos.

O resultado é claro, o barro é o material máis abundante, saudable e sostible ao que podemos recorrer.

O noso saber facer e tipoloxía

 

A nosa experiencia en proxectos de luxo (como o Hotel Torre del Marqués de 5 estrelas) permítenos empregar o sistema de morteiros de barro en capas para acadar a máxima funcionalidade e estética:

  • Morteiro base + fibra: Usado para espesores grosos (ata 40 mm) e reforzo estrutural (incluíndo paredes radiantes).

  • Morteiro base: Para refinar e planear a superficie.

  • Morteiro acabado: A capa final de alta estética, dispoñible en 14 tonalidades inspiradas na natureza para personalizar o espazo.

morteiro base fibra.jpg
Morteiro Base + Fibra: O reforzo estrutural e funcional

O morteiro Base + Fibra é a primeira capa do noso sistema de revogos de barro, deseñada para a máxima resistencia e funcionalidade en sistemas de gran espesor.

Función estrutural e adherencia:

Este revestimento continuo incorpora fibras vexetais engadidas (como palla ou cánabo) que proporcionan un agarre mecánico á parede. A súa composición está especialmente indicada para dar o espesor necesario (recomendable de 10 ata 40 mm) para que o barro poida exercer a súa función de inercia térmica e regulación higrotérmica de forma efectiva.

Aplicación especializada:

É a solución ideal para sistemas de paredes radiantes, xa que a súa composición optimiza a distribución da calor. Ademais, utilízase como base robusta para acabados rugosos ou para o sistema completo de revogos de acabado, garantindo a resistencia e durabilidade de toda a envolvente.

morteiro base.jpg
Morteiro Base: A perfección da superficie

Idóneo para refinar e dar planeidade á capa anterior (Morteiro Base + Fibra), este morteiro de barro cumpre unha función esencial na preparación da parede antes do acabado final.

Función e aplicación:

O Morteiro Base aplícase para corrixir pequenas fendas ou irregularidades da capa máis grosa. O seu obxectivo principal é deixar a superficie perfectamente plana e homoxénea, preparándoa para recibir o acabado final.

Versatilidade no acabado:

Pode ser empregado directamente como acabado final cunha textura sutil e natural (recomendable ata 3 mm), ou ben servindo como base perfecta para a aplicación de pintura de barro ou pintura de cal, garantindo unha adherencia óptima e uns resultados estéticos de alta calidade.

Morteiro de acabado: Deseño, cor e personalización

O morteiro de acabado é a capa final do sistema de revogo de barro, combinando as propiedades saudables do material coas máis altas esixencias de deseño interior.

Estética e exclusividade:

Trátase dun morteiro de barro fino que se aplica sobre a capa Base, sendo idóneo tamén para alisar o gotelé e como acabado directo sobre placas de fibra de ieso e celulosa. A clave da súa exclusividade reside na súa orixe, é obtido a partir dunha selección  de diferentes variedades de barro natural.

Riqueza cromática:

Esta selección permítenos crear unha paleta composta por 14 tonalidades diferentes que abarcan grises, ocres e vermellos. Estas cores están inspiradas na natureza e permiten personalizar cada espazo dunha maneira única, creando ambientes cálidos e biofílicos que reflicten o teu estilo de vida.

Aplicación:

Recoméndase a súa aplicación nun espesor fino de ata 3 mm, suficiente para garantir unha textura e cor homoxéneas, realzando o confort e a beleza da túa parede.

morteiro acabado.jpg
Placas de Barro:
evolución da construción en seco saudable

As placas de barro son unha solución 100% natural na construción en seco, combinando a eficiencia, a saúde e a facilidade de instalación.

 

Estas placas son idóneas para a construción de tabiques, trasdosados (placa de 20 mm) e falsos teitos (placa de 13 mm con cortiza mesturada) en interiores. Están compostas por barro, area, palla e malla de yute, e reúnen todas as vantaxes do barro natural sen aditivos.

Versatilidade moderna:

A súa presentación en forma de taboleiro convérteas nun material de construción completamente moderno e idóneo para a construción natural, a arquitectura biofílica e como alternativa para aumentar o confort e reducir o custo enerxético en vivendas convencionais.

 

Especificacións técnicas e instalación

  • Instalación rápida e sencilla, son unha alternativa práctica aos paneis doutras características. Pódense fixar mecanicamente sobre estruturas preexistentes (madeira, aluminio, metal, ...) ou sobre montantes verticais mediante parafusos anticorrosión. Os taboleiros córtanse con facilidade para adaptarse ás medidas requiridas en obra.

Son de fabricación nacional ("Feito en España") e recomendadas tanto en obra nova como en rehabilitacións ou restauración de edificios históricos.

 

Absorción acústica 

alpha = 0,54

Excelente illante e absorbente acústico. Redución efectiva do ruído interior.

Condutividade térmica

lambda = 0,24 W/mK

Boa capacidade illante para incrementar o aforro enerxético.

Porque só o barro proporciona un confort que non se ve, pero sentese.

Placas de barro en parede.jpg
Pinturas de barro.jpg
Pinturas de barro o silicato dun só compoñente

Libres de cheiros, aceites, disolventes e dióxido de titanio.

Duradeiras, con un alto poder de cubrición, ignífugas, non gretan.

 

Non descascarilla, non se abulta por efectos da humidade.

 

Libre de COVs (Compostos Orgánicos Volátiles).

 

Minimizan a condensación e deteñen o mofo.

 

Teñen resistencia estática, polo que non reteñen o po.

 

Polo seu PH básico, actúan como biocída. Apta para alérxicos, asmáticos, SQM.

 

Especialmente indicadas para paredes e teitos interiores con acabado mate.

 

Altamente saudables e creadoras de ambientes confortables grazas as cores naturais da terra nas que se inspiran.

 

Deixa que as túas paredes respiren.

Madeira certificada
con garantía "Pino de Galicia":

Calidade, trazabilidade e identidade
Pino de Galicia

A nosa elección de madeira é unha aposta pola materia prima local e de calidade superior, fundamental para a durabilidade e o carácter do teu fogar.

 

Trazabilidade certificada e economía circular:

Seleccionamos madeira de piñeiro galego coa garantía "Pino de Galicia". Esta certificación non só asegura a súa trazabilidade e un apoio directo á economía circular da nosa terra, senón que tamén valida a súa orixe sostible e o seu manexo responsable.

Rendemento climático:

Grazas á súa densidade e a súa adaptación natural ao noso clima, é un material intrinsecamente durable e resistente ás condicións ambientais de Galicia, sendo ideal para estruturas e para carpintería interior.

 

Estruturas sólidas e benestar:

Empregar esta madeira garante estruturas resistentes e de longa vida útil. Ademais, a madeira achega unha estética cálida, versatilidade no deseño e unha sensación de confort inigualable que conecta directamente o teu fogar coa paisaxe galega. É a base ideal para crear un ambiente natural e acolledor.

Productos-Productos-3.jpg
Fibra de madeira.jpg
Illamento de fibra de madeira:
O confort termoacústico integral

A fibra de madeira é o illante natural máis completo. O seu uso garante un confort térmico e acústico excepcional no teu fogar.

 

Máxima inercia térmica e protección estival:

A fibra de madeira, procedente de bosques xestionados de forma sostible, posúe a maior inercia térmica entre os illantes naturais. Esta propiedade é crucial porque retarda significativamente a entrada de calor no verán, mantendo as estancias frescas e evitando o sobrequecemento.

Eficiencia durante todo o ano:

Ademais, a súa capacidade para protexer do frío é excelente, o que se traduce nun aforro enerxético superior e un rendemento constante. É un material totalmente non tóxico e respectuoso co medio ambiente.

 

Beneficio para o benestar, confort acústico e calidade do aire:

A fibra de madeira non só regula a temperatura, tamén é un excelente illante acústico, creando ambientes interiores máis silenciosos e relaxantes.

Ademais, é un material transpirable que regula activamente a humidade do ambiente, contribuíndo de forma directa á calidade do aire interior do teu fogar.

Bloques de cánabo

A revolución vexetal: Bloques de cánabo

Na nosa busca constante de solucións de km0 e pegada de carbono negativa, incorporamos ao noso catálogo os bloques de cánabo da firma Canhamor (producidos na nosa veciña Portugal). Trátase dun material que une a sabedoría ancestral coa tecnoloxía máis eficiente.

Que son exactamente?

Son bloques de albanelería maciza bioconstructiva. Están compostos por unha mestura de cañamiza (o núcleo leñoso da planta do cánabo) e cal hidráulica natural. Ao non conter cemento nin aditivos sintéticos, son un material 100% natural, biodegradable e vivo.

Por que son esenciais no sistema Fogar Natur?

  1. Regulación higrométrica: O cánabo actúa como un "pulmón" natural. Ten unha capacidade excepcional para absorber e liberar vapor de auga, mantendo a humidade relativa do interior nun rango saudable e constante, evitando a aparición de mofos e condensacións.

  2. Illamento + inercia térmica: A diferenza dos illantes lixeiros, o bloque de cánabo aporta masa. Isto confírelle unha dobre función: illa do frío (baixa condutividade térmica) e protexe da calor no verán grazas á súa inercia térmica (desfasamento), amortecendo os cambios de temperatura.

  3. Almacén de carbono (pegada negativa): O cánabo é unha planta de crecemento rápido que absorbe grandes cantidades de CO2 da atmosfera. Ao construír con estes bloques, a túa casa convértese nun almacén de carbono real, eliminando máis CO2 do que se emite na súa fabricación.

  4. Confort acústico e resistencia ao lume: A súa estrutura porosa absorbe o ruído aéreo, creando interiores silenciosos. Ademais, grazas ao contido de cal, é un material naturalmente resistente ao lume sen necesidade de retardantes químicos tóxicos.

Pegada de carbono negativa
Produto de proximidade
Illamento de cortiza natural aglomerada:
Eficiencia, estabilidade e vibración

A cortiza aglomerada é unha solución de illamento 100% natural que ofrece unha protección integral: térmica, acústica e vibracional.

Material 100% natural:

A cortiza aglomerada prodúcese a partir da expansión dos gránulos de cortiza con vapor de auga, sen o uso de axentes sintéticos. Este proceso garante un produto respectuoso co medio ambiente e ecolóxico que pode ser reciclado para outros fins.

Estabilidade dimensional:

Durante o seu uso, este produto non sofre cambios nas súas propiedades físicas ou mecánicas. É dimensionalmente estable, elástica e ten unha longa duración, o que garante a calidade do illamento durante toda a vida útil do edificio.

​​

Aplicacións e triplo illamento

A cortiza preséntase como un excelente illante, sendo ideal para solucionar problemas específicos grazas ao seu triplo illamento: térmico, acústico e vibracional.

 

Illamento térmico: Illamento de envolventes e cámaras frigoríficas.

Illamento acústico: Redución de ruídos aéreos.

Illamento vibracional: Unha propiedade única para a absorción de vibracións (como as transmitidas pola maquinaria ou o tráfico).

Ideal para paredes, fachadas, teitos (planos ou inclinados) e mesmo para illamento de cámaras frigoríficas.

Datos de Illamento e propiedades:

Condutividade térmica: Lambda de 0,036 a 0,039 . Baixo valor: Gran capacidade illante.

Permeabilidade ao vapor: 0,017 a 0,003 g/mh/mm. Material transpirable que permite a regulación da humidade.

Densidade: 105 a 130 Kgs/m3. Resistencia e robustez do illamento.

Temperaturas de uso: -180º C a 140º C. Estabilidade extrema fronte a grandes oscilacións térmicas.

Resistencia ao lume: Clase E / Clasificación B-s1, d0. Bo comportamento e seguridade.

Aforro e sustentabilidade:

A utilización de cortiza aglomerada, grazas á súa alta eficiencia e estabilidade dimensional, permite un aforro enerxético destacable. Isto non só beneficia a túa economía, senón que tamén reduce significativamente o impacto ambiental da vivenda.​

Corcho expandido.png
Quiénes somos-Acerca de-3.jpg
Cal natural: Muros transpirables, elásticos e sanos

A cal é un aglomerante natural milenario que garante a saúde estrutural da vivenda, permitindo que as paredes respiren e proporcionando un acabado protector e duradeiro.

 

Compromiso e sustentabilidade:

A cal posúe unha baixa enerxía incorporada e é un material que volve ao seu estado natural, reabsorbendo CO₂ durante a súa vida útil. É 100% ecolóxica e carece de elementos tóxicos na súa composición.

Función hixiénica:

Ten un comportamento bactericida e funxicida natural (debido á súa alcalinidade), o que prevén a aparición de fungos e esporas, contribuíndo activamente á salubridade dos muros.

 

Os morteiros de cal son a base de moitos sistemas construtivos tradicionais e sostibles.

 

Transpirabilidade e elasticidade:

A súa composición 100% mineral garante unha gran transpirabilidade do muro, evitando a acumulación de humidade e mofo. A cal é máis elástica e flexible que outros morteiros (como o cemento), permitindo que a estrutura se adapte aos movementos naturais sen gretarse.

 

Aplicacións:

Emprégase na construción e reparación de muros, rexuntados de pedra natural e revestimentos, sendo ideal para rehabilitacións de edificios istóricos pola súa adaptabilidade.

 

As pinturas de cal son o acabado natural para a saúde interior.

 

Saúde sen tóxicos:

As nosas pinturas de cal son totalmente naturais, sen compostos tóxicos nin disolventes. Son aptas para persoas con alerxias e contribúen á regulación da humidade interior.

Estética e resistencia:

Ademais de ser transpirable, a cal permite unha gran flexibilidade estética, podendo ser tinxida e texturizada para crear unha variedade de acabados finos e decorativos que perduran no tempo.

NOVO Logo Galega Servizos Mendo 01.jpg
Alianza galega polo clima
Garantía Pino de Galicia
ODS 11
  • Facebook
  • Instagram

658 57 27 18
info@gsmconstrucion.gal
info@gsmconstrucion.com
Galega de servizos Mendo, s.l.u.
Avenida de Castela, 112
15300 Betanzos, A Coruña, Galicia

¡Construíndo fogares saudables e sostibles!

 

© 2025 por Galega de servizos Mendo, s.l.u.. Desenvolvido e protexido por Wix.

bottom of page