top of page

Onde a biofilia se fai estrutura

Tes unha parcela e buscas a máxima eficiencia?
Pídenos o teu estudo de viabilidade e radiestesia

Ver é crer.
No noso traballo, o rigor técnico e a filosofía biofílica convértense en fogares e espazos de referencia.

O compromiso de construír espazos que melloran a vida

 

No noso traballo, a sustentabilidade non é un engadido, é o método construtivo.

 

O escaparate de proxectos de GSM construción demostra a nosa capacidade para converter as máis altas esixencias técnicas e estéticas en fogares e espazos de referencia, sempre aliñados cos nosos catro piares:

Saúde, Eficiencia, Calidade e Benestar.

Aquí, a saúde do espazo comeza dende o estudo radiestesico ata o revestimento final. Por iso, agrupamos a nosa experiencia nas dúas grandes frontes da construción sostible:

estrutura de alto rendemento e o confort interior activo.

Estruturas sostibles:
Forza da madeira certificada

O corazón dos nosos proxectos é a madeira, o material máis eficiente e renovable que existe.

Somos especialistas en sistemas de entramado lixeiro e outras solucións que garanten unha execución rápida, un illamento superior e unha solidez estrutural duradeira.

En GSM construción apostamos pola calidade de orixe:

A nosa base é a madeira certificada e con garantía "Pino de Galicia".

 

Pero a eficiencia reside no sistema:

  • Corazón da estrutura: No interior do entramado, instalamos illante de fibra de madeira de alta densidade. Isto non só proporciona un illamento térmico e acústico excepcional, senón que contribúe á inercia e á salubridade, xa que a fibra é un material transpirable.

  • Envolvente e Acabado: A cara exterior da envolvente pódese rematar de diversas formas eficientes, segundo o proxecto:

    • Fachada ventilada: Con madeira termotratada para unha estética moderna e máxima durabilidade.

    • Sistema SITE de cal: Empregando morteiros de cal e paneis illantes, asegurando unha capa continua e transpirable que protexe a estrutura.

O noso saber facer nesta construción garante os teus proxectos e dalles un valor intrínseco de durabilidade, resistencia e eficiencia, xustificando o ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura).

Confort interior:
A excelencia dos morteiros de barro

O mellor illamento non serve de nada se os acabados comprometen a calidade do aire.

Por iso, o noso foco nos morteiros de barro é total.

 

A clave reside na combinación intelixente de materiais.

Empregamos o barro non de forma illada, senón xunto aos nosos sistemas de illamento de alta eficiencia.

  • Complemento perfecto: Os morteiros de barro traballan en sinerxia cos illantes de fibra de madeira (ou cortiza). Mentres a fibra se encarga da inercia e a eficiencia térmica, o barro, aplicado no interior, garante a regulación activa da humidade. Aportando masa térmica para un aforro enerxético constante.

  • Acabado transpirable: Rematamos sempre con pinturas de barro ou de cal, sobre diferentes soportes. Estas pinturas, ao contrario que as plásticas, permiten que o muro respire, garantindo un ambiente sen condensaciónssen mofo, mellorando o descanso e cunha calidade do aire interior libre de tóxicos.

O noso saber facer neste sistema de confort integral, foi premiado en proxectos como o Hotel Torre del Marqués,  e sitúanos como o teu socio ideal para conseguir ese confort interior que se sente pero non se ve.

O teu próximo proxecto comeza cunha decisión intelixente.
Explora o noso Escaparate e descubre cal dos nosos sistemas é perfecto para ti.
NOVO Logo Galega Servizos Mendo 01.jpg
Alianza galega polo clima
Garantía Pino de Galicia
ODS 11
  • Facebook
  • Instagram

658 57 27 18
info@gsmconstrucion.gal
info@gsmconstrucion.com
Galega de servizos Mendo, s.l.u.
Avenida de Castela, 112
15300 Betanzos, A Coruña, Galicia

¡Construíndo fogares saudables e sostibles!

 

© 2025 por Galega de servizos Mendo, s.l.u.. Desenvolvido e protexido por Wix.

bottom of page